Skip to main content

Pandereteiros
Traspés

Jota e muiñeira de Runs

Vídeo promocional dos Pandereteiros Traspés gravado nos Estudios Mans de A Coruña como un dos premios do concurso "Festival Interritmos 2019: Baile e música tradicional" organizado pola asociación Deloa, que tivo lugar o día 4 de maio na praza do Malecón en Riveira (A Coruña). Peza: Jota e muiñeira de Runs (Boiro - A Coruña).

Asociación Cultural Traspés

Fundada a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos cunha importante traxectoria no eido do mundo tradicional, Traspés ten como finalidade amosar ao público unha realidade cultural que nos resistimos a esquecer.

A través dos traballos de recollida de campo realizados por toda a xeografía galega, poñemos o acento en diversos aspectos relacionados coa etnografía da nosa comunidade, tentando ser fieis e non desvirtuar ningún dos seus detalles. Así, na posta en escena, e grazas á información debidamente contrastada acerca da indumentaria, xoiería, bailes, músicas, cantares, instrumentacións, etc. podemos ver e sentir momentos da forma de vida dunha época e lugar determinados, facendo posible unha fotografía en vivo de tempos pasados.

Unha das principais metas que o equipo directivo da Asociación Cultural Traspés se marcou desde un principio, foi a da creación de eventos encamiñados á promoción e difusión da cultura tradicional e popular de Galicia. É por isto, que desde Traspés tentamos axudar a espertar o interese polas nosas tradicións.