Tralo alzamento militar de 1936, moitos civís vense obrigados a desprazarse buscando un lugar seguro á espera do fin da guerra. A "Ciudad de la Selva" xorde como un asentamento de desprazados nos montes de Casaio (Ourense) que reúne, fundamentalmente, a galegos e asturianos opositores ao novo réxime franquista.
Hoxe, grazas a un gran número de achados arqueolóxicos e ao testemuño de expertos e persoas que se relacionaron directamente con este grupo de disidentes, podemos reconstruír a historia destas persoas e saber que sucedeu nos montes de Casaio desde que formouse o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da garda civil en 1946.
Este é un proxecto audiovisual, xestado de xeito cooperativo, co que buscamos crear un documental que narre a última derradeira historia da Guerra Civil española. Diversos historiadores e xornalistas documentaron os sucesos acaecidos na "Ciudad de la Selva" sen saber que se trataba dun conflito desta magnitude e importancia a nivel historiográfico.