• Forma:
    Clasificación da cantiga segundo a forma literária
  • Función:
    Indica a sua función. exem: Desafío, Despedida
  • Temática:
    Escolle a tématica ainda que moitas poden estar en outras.
Danza. Música. Videocreación.

Projecto [`trepja]

Comezou a sua andaina no 2008 co espectáculo "1punto3", que resultou premiado no certame GzCrea co segundo prémio de música e o primeiro de video-creación.

INFINITUM

último expectáculo

Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno.
O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo. A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas. Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.

Integrantes do proxecto.

  • Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile)
  • Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile)
  • Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile)
  • Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile)
  • Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile)
  • Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile)
  • Diego Pintos (Videocreación)
    Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode)
  • Cayetano Amenabar (Zanfonista)

Premios

  • 2º posto categoría raíces-fusión FestiMADtaste 2010
  • 2º posto categoría música certame XuventudeCrea 2010.
  • 1º posto categoría música certame GZCrea 2008.
  • 2º posto categoría videocreación certame GZCrea 2008
  • Mención especial Certame Nsaio Xeral 2008.

Queres saber máis?

Podes mergullarte nas redes sociais
  • Aviso legal
  • Coplas
  • Bitácoras
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Escoita!