Skip to main content

RAPA

o documental

Sabucedo é unha pequena aldea que conserva algo único: veciños e cabalos salvaxes viven no mesmo ecosistema e dependen uns dos outros para sobrevivir.
A vila celebra a Rapa das Bestas e despois énchese de 10.000 persoas e medios de 40 países achéganse a velos enfrontarse aos cabalos salvaxes, a presenciar o atávico. Pero despois marchan e ninguén ve a realidade que sustenta a lenda: cada ano hai menos xente no territorio e curiosamente -como nun espello- os cabalos salvaxes tamén perderon a metade da súa poboación.
A aldea teme perder o que os mantén unidos e dálles a súa razón de ser: cabalos salvaxes. Precísanse, protéxense, enfróntanse. Para ambos, manter a Rapa é o único xeito de non desaparecer.
No corazón de Sabucedo, unha aldea que alberga algo verdadeiramente excepcional, a vida dos seus habitantes e dos cabalos salvaxes entrelázanse nun delicado equilibrio. Neste documental dirixido por Alejandro Enriquez, asistimos como esta comunidade depende unhas das outras para sobrevivir no seu ecosistema único. Porén, a súa cultura está ameazada polo avance inxustificado do progreso ambiental e as malas decicións impostas polo sistema.

A través dos ollos de Alejandro Enriquez, invítanos a reflexionar sobre pertencer a unha comunidade forte, rica en tradicións e con identidade propia e con un único obxetivo manter as sua liberdade.

Nos nacemos entre elas e vivimos coma elas...