Skip to main content
Unha longametraxe documental escrita e dirixida por Alberte Mera e producida pola Fundación Terra e Tempo.
Construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida.

Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.

Persoas que coñeceron persoalmente a Reboiras e partillaron con el vida persoal e ou política.
Recreación de momentos clave na súa vida como a fuxida do 12 de agosto ou os últimos momentos no portal.
Materiais de arquivo xa existente e documentos recollidos a través do traballo de investigación para a realización do guión.
Os espazos que Reboiras habitou, nos que se realizarán parte das entrevistas e inspirarán os escenarios dos fragmentos reconstruídos.
cartaz curtametraxe documental Reboiras

A motivación principal é crear a primeira película sobre Ramón Reboiras Noia. A fundación Terra e Tempo atopa necesario realizar esta peza para dar a coñecer un anaco da nosa historia recente. Un exercicio de xornalismo, investigación e creación cinematográfica que facilita o acceso cidadán a arquivos históricos e impulsa a investigación do noso pasado e presente.

O público potencial é a sociedade galega en xeral, especialmente aquelas persoas con inquedanzas sociais e históricas.

documental, galiza, longametraxe