• Forma:
    Clasificación da cantiga segundo a forma literária
  • Función:
    Indica a sua función. exem: Desafío, Despedida
  • Temática:
    Escolle a tématica ainda que moitas poden estar en outras.

Sempre Fixe EP

No mundo sonoro de Fixe trío poderás atopar composicións propias e cancións populares do mundo. Unha viaxe atlántica de músicas e verbas que rezuman agarimo, consciencia e liberdade.

Un proxecto que agroma da vontade de xerar un espazo onde poder expresar as nosas inquedanzas e desexos a través da música.
Con este crowdfunding queremos poder costear os gastos do noso primeiro EP “Sempre Fixe”.

Gustaríache formar parte?
  • Xela Conde F.: voz e diversos instrumentos
  • Blanca Marigómez: cello e coros
  • Joel Fontán: guitarra e voz
  • Facebook: @fixe.trio
  • Instagram: @fixe.trio

E sabes que? ... A nosa compañeira cellista e multidisciplinar, Blanca Marigómez Subversiva Desing, foi a artista que fixo o deseño do logo e da carauta do disco. E non só iso, senón que fará unha a unha as vosas camisetas e bolsas coa técnica de sublimación. Así que se optades por esa recompensa que saibades que son produtos "muito fixe".

rede, música, video

  • Aviso legal
  • Coplas
  • Bitácoras
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Escoita!