Explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta.
Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.
A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD.
A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo (‘Libro branco da Educación en Música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’, A Rede Europea de Orquestras Folk ENFO), iniciativas que sitúan SonDeSeu como un grande referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo.
Proxecto audiovisual en colaboración co realizador portugués Tiago Pereira e o músico Davide Salvado. Gravación de recollas de música e baile tradicionais e divulgación a través da canle de YouTube de Luneda Producións.
Pasou un ano desde que os Encontros de Música Tradicional, despois de dúas décadas enchendo Carboeiro de alegría, tiveron que se fragmentar e espallar por todo o país en pequenas xuntanzas.
A canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística acolle desde este 5 de abril as cen pezas que compoñen o proxecto A literatura galega nas súas voces.