Staffan Mörling fillo adoptivo de Bueu
Etnólogo e antropólogo sueco. Estudou Latín, Historia da Arte e Antropoloxía na Universidade de Lund, en Suecia.
Mais na década de 1960 mudou para sempre á súa vida ó trasladarse a Galicia.
Foi en concreto á illa de Ons onde comezou a estudar a excepcional tradición das lanchas e dornas
galegas.
Nacera en Karlstad, Värmland, Suecia, en decembro de 1936, e, 25 anos despois, trasladouse a Galicia para facer a súa tese de doutoramento sobre as pequenas embarcacións tradicionais.
Foi un verdadeiro referente neste campo e boa parte do coñecemento e da apreciación que temos hoxe delas débese a este estudoso no namorado da nosa terra.

Alí, na illa de Ons, coñeceu á súa dona,
Xosefa Otero, unha costureira da illa que ficará ó seu lado ó longo da súa vida e que manterá a
Staffan ligado a Galicia para sempre.
Mörling foi tamén profesor de idiomas na Escola Naval de Marín, foi Cruz do Mérito Naval e Fillo
Adoptivo de Bueu, onde ten adicado unha rúa.
Fonte do artigo: historiadegalicia.gal por ÍÑIGO MOUZO RIOBÓ
Fonte do artigo: historiadegalicia.gal por ÍÑIGO MOUZO RIOBÓ
-
DocumentalTV3 - 18 mins 14 seg
-
Artigonós Diario - Redacción
-
ArtigoZenzaLibros.com
“ Cando me ensinaron na praia de Bueu as dornas sentín un efecto electrizante ”.
Lars
Fredrick Staffan Mörling contaba así nunha entrevista o efecto que lle producira
descubrir esta embarcación tradicional galega a mediados dos 60, cando chegara a Galiza,
país que fixo seu e que xa non abandonou.
Xunto coa súa muller, a veciña da illa Josefa Otero, desenvolveu un
"interesante traballo de campo" sobre os costumes de Ons.
Para este vídeo seleccionáronse imaxes que no seu día formaron parte da exposición.
"A illa de Ons, unha cultura, unha identidade". Museo Massó de Bueu
Para este vídeo seleccionáronse imaxes que no seu día formaron parte da exposición.
"A illa de Ons, unha cultura, unha identidade". Museo Massó de Bueu
Fotos feitas entre 1963 e 1966 por Staffan Mörling e Josefa Otero, así como outras feitas en 1972 por Mikael Mörling, irmán do antropólogo.

Namoreime en Ons Mercar libro
O amor é
un enigma. Non cruza o camiño de todos, pero aos que chegan a ser branco do seu frechazo
resúltalles a experiencia máis persoal da vida.

Las embarcaciones tradicionales de Galicia Mercar libro
A Lars
Fredrick Staffan Morling, Su vocación investigadora lo llevó a recorrer toda la costa
Gallega, desde Ribadeo a Tui, en busca de embarcaciones tradicionales como símbolo de
una cultura marinera.
Alá no medio do mar. Consultar
É unha
obra persoal, etnográfica, histórica e unha colección de sentimentos da comunidade
insular de Ons.

LANCHAS E DORNAS Mercar libro
Tese de
doutoramento de Staffan Mörling -profesor da Universidade de Lund (Suecia)- que
complementa e amplía o estudo das condicións de creación e de mantemento ou desaparición
das dúas embarcacións máis significativas en Galicia, a dorna e a lancha xeiteira.