Longametraxe documental escrita, dirixida e protagonizada polo galego Óliver Laxe. Rodouse en Marrocos a partir dun obradoiro de pedagoxía con rapaces en risco de exclusión social.
Este filme gañou o premio da crítica no Festival de Cannes do ano 2010.
Un realizador chegado de Europa desenvolve o proxecto dunha película cos rapaces dun centro social de Tánxer. A dinámica que se establece entre el e os cativos converterá o xermolo do filme nalgo vivo e interactivo.