Elas aprendéronnos o mellor; a alegría e a forza para defender o noso, con dignidade. E foi así como corremos o frío e collemos camiño(s) cunha pandeireta debaixo do brazo, libres, e con moito que dicir. Porque somos festa, somos Bouba, mulleres do norte, de terras de muiñeira cabalgada e pateado.
Aprendemos o esquecido e a forza de patadas trouxémolo aquí, ao hoxe, para non deixalo marchar.
Nin a lingua nin a música morrerán con elas porque do outro lado da cadea estamos nós, conscientes e orgullosas, resistindo.