Skip to main content

Walkitalkis radioteatro +16

Teatro radiofónico na rede.

Unha pescuda extraviada a milleiros de anos luz vaise metendo en forma de ondas invisibles coma o ar no corpo dos Walkitalkis errantes. Unha extraña sensación revélache que é, mais non como funciona. Telo nas túas mans suorentas, suorentas polos nervios porque sabes que ten que haber alguén do outro lado que... Agarda; por que o das por feito? Preme o botón. Veña. Agora.
Reparto:
  • Silvia Cerneira, Eva Gontad, Begoña García, Fernando Epelde.
  • Texto: Begoña García.
  • Edición: Fernando Epelde.
  • Dirección: Carlos Lousada/Walkitalkis radioteatro.

Crear unha conta

🎟️ Pasa, que hai sitio!

Isto non é Netflix, pero temos coplas con máis sal.
Accede gratis e dálle vida ao teu folclore interior.