XURXO FERNANDES - LEVAINO!

Levaino' é o novo traballo de Xurxo Fernándes. Está composto por son e temas recollidos en Coristanco, Samakov, A Mezquita, Salihli, Tordoia, Larache ou Tel Aviv.

Neste traballo X. Fernándes mestura os sons arcaicos da oralidade galega co exotismo oriental, quere tender pontes entre Galicia e o Mediterráneo oriental a través da creación popular colectiva

Presentación nos informativos da TVG. "'Levaino' é unha exaltación da nosa identidade fronte ao mundo globalizado en que vivimos"

LETRA
  • Levaino! Levaino! Levaino! Levai!
  • O cantar da nosa terriña nai!
  • Leva! Leva! Leva!
  • Agruar no camiño, levaino!
  • O maneo en Berdillo, levaino!
  • Serán en Gargamala, levaino!
  • Cantar na fouliada, levaino!
  • O bater do pandeiro, levaino!
  • O baile no terreiro, levaino!
  • Acabar derreado, levaino!
  • Leva! Leva! Leva! Leva! Leva!
  • Levaino que ben se leva!
  • Leva! Leva! Leva! Leva! Leva!
  • O cantar da nosa terra !
BANDA
  • Dulzaina: Pedro Lamas
  • Percusións: Rubén Montes
  • Baixo: Rafael Morales
  • Teclado: Roberto Comesaña
  • Voz: Xurxo Fernandes
COROS
Pandeireteiras Sen Fronteiros
(PAN.SEN.FRON)
ACTRIZ PRINCIPAL
Maika Aguado
Dirección: Xaime Miranda
KAITO ESTUDIOS 2021
A Coruña (Galicia)

rede, música, video

Outras olladas