ZdZ: Barahúnda - Tódalas cousas
Barahúnda
Helena de Alfonso: canto
Jose Lara Gruñeiro: guitarra
José Luís do Pico Orjais: zanfona
Na rúa de Abaixo, preto das casas de Castelao e de Manuel Antonio, a Casa dos Dieste é un lugar máxico onde aínda parecen resoar os ecos das que riron, cantaron, soñaron, tocaron o seu piano... Rafael, Eduardo, Olegarita, Mireya, o veciño Castelao... É como unha nave de pedra amarrada na ribeira de Rianxo.
Desde a beira, no océano do tempo, Joam Airas de Santiago, autor destes versos sentía as mesmas inquietudes, o mesmo desacougo que hoxe sentimos nós. Fronte ao estupor dun mundo que muda, o amor e a amizade poden ser o único refuxio.
Barahúnda son:
Helena de Alfonso: canto
Jose Lara Gruñeiro: guitarra
José Luís do Pico Orjais: zanfona