Gabi Reboredo - Muiñeira Álbida de Monteagudo 90

Hai anos, Dorothe Schubart e Antón Santamarina percorreron as aldeas galegas na procura destes cantos. E un dos que recolleron foi a Muiñeira da Tolda que lles cantou a Sarita.

Tamén a avoa do Gabi, a Álbida, lle ensinou esa muiñeira, aínda que cuns finais de frase musical algo distintos.
Unha mesma cantiga, transmitida por tradición oral, que vai mudando e enriquecéndose co seu paso de boca a orella.
Un tesouro musical que hoxe resonou no Cole de Cea e que compartimos con vós neste vídeo.
Grazas, Gabi

rede, música, video, Muiñeira

  • Visto: 9