Skip to main content

Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade

Un cancioneiro musical inédito de Antonio Fraguas?
Unha colección de partituras de Cotobade compilada por Saturnino Cuiñas conservada nos Arquivos de Cántigas da terra?
As gravacións dos traballos de campo realizados na zona por investigadores internacionais ou galegos como Alan Lomax, Gustav Henningsen ou María Vidal?

Todo isto e moito máis está recollido nesta monumental obra sobre o rico e singular patrimonio musical de Cotobade. Un estudo realizado polo musicólogo Xavier Groba que supón a primeira achega profunda á música de transmisión oral deste Concello situado entre a vila de Pontevedra e a comarca de Terra de Montes. O libro conta ademais dos textos coas gravacións orixinais contidas no CD, abundantes transcricións musicais realizadas por José Luís do Pico e unha extraordinaria selección fotográfica.


Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade

Autor:

Caracteristicas

Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas e gravacións.

Participan

Dolores Vilavedra, Xavier Groba, Ramón Castromil e Ramon Pinheiro Almuinha.

  • Colección: Chave Mestra
  • Tapa dura
  • 235 páxinas
  • Fotografías orixinais: 70
  • CD
  • Editorial: A CENTRAL FOLQUE
Mercar
ligazón non afiliado inquedanzas.com - volai-vai.
Grazas!

arquivo, libros

  • Visto: 351