Skip to main content

Arredor da tradición

Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación, integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, que deu os seus primeiros pasos a fins do ano 2016. Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio. Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra, 2017). No ano 2022 presentarán un ambicioso libro monográfico sobre o pandeiro cadrado na Galiza.