Arquivo cantigas

Redondela

Axudame compañeira

axudame aquí María

qu´eu non me podo axudare

desta miña gargantiña

Danza da Insual - Festa de Rebordelo

Adiós vellos adiós mozos

Adiós rapaces pequenos

Dadenos o aguinaldo

Que hasta o ano non volvemos

Despedida

Agora non canto máis-e,

nin canto nin cantarei-e.

Que me levan o amor,

para o servicio do rei-e.

Tendal

Non entendo ese latín

nin tampouco ese latón;

si queres que che conteste,

muda de conversación."

Despedida

No ceo brila unha estrela

Naceu e non aparece

Meteuse na túa cara

Nos teus ollos respladece

Carapucho

Veña a peste, veña a peste

pola folla do tabaco

e que veña polos homes

que non queden senón catro