Arquivo cantigas

Mafia

Teño unhas castañolas

feitas de madeira seca,

traioas na faltriqueira,

tocoas cando me peta.

Despedida

Se soubese ler

ía responder á súa cartinha.

Que é para saber

se súa saudade é igual á minha.

Maruja - Xandre Outeiro

As ervas do campo secan

E volven enverdecere

Así fan amores vellos

Cando se volven a vere

Home do morrazo

Aperta o sapato

E aperta, José

Aperta o sapato

Que che cai do pé

Home do morrazo

Miña sogra é estanqueira

vendedora do tabaco

aghora que vai no inferno

háo de vender barato

Mafia

Vamo-nos d'aqui que é hora

Pasa o carro das estrelas

por riba das casas novas