Arquivo cantigas

Fiada

Miña nai o pote ferve

e a da verdura non vén

Ela como é tan bonita

Algún enrediño ten

Peixeiras - Pulpeiras

Cuidas que porque falamos

xa me colles pola mau

Nunca fun afecionada

Da fruta que cai ó chau

Verde Jalo

Porque canto e me adevirto

dinme que non teño pena.

Lévoia toda por dentro

coma se non a tivera.

Home do morrazo

Aleghre é a vida do rico

Porque ten no que ghastar

As aleghrías do probe

Son anuncios dun pesar

Mafia

Hai tanto burro a mandare

en homes de intelixéncia

que às veces dou en pensare

que a burrámia é unha céncia

Barro

Xanciño, Xanciño, Xan-he,

sempre moi traballador-he,

a muller prá romaría

el para as súas labores.