O meu neno está no berce,
os ollinos vai pechar,
canta o moucho, cae a noite,
o meu neno dorme xa.
Durme, meu neniño, durme;
durme, meu pequerrechiño,
que teu pai vaiche traer
da ribeira un paxariño.
O tranvia do Porriño
chocou co barco de Cangas
e unha vella que ía dentro
rillou un par de tamancas
A pandeira é de cobre,
e as ferriñas de metal,
as mociñas qui a tocan
son da Tolda natural.
Fun buscar o ben che quero
ao arenal de Sevilla,
fun buscar o ben che quero,
trouxen o ben che quería.
Miña cuñadiña nova,
meu irmao éche pequeno,
como queres que che medre,
dáll'o almorzo cedo.