Cantigas Frescas

Marta Verde Baqueiro

A muller de Xan Guindán

e máis outra qu'elí había

tiraron co Xan Guindán

ó medio da romería.

Festa

Xan Guindán foi á feira,

foi a ffeira das culleres,

si mo vedes por aí

tiraimo d'entr'as mulleres.

Costureiras

Arredondáchem' a saia

arredondáchem'o mandil,

arredondáchem'a saia

barriga de tamborll.

Mafia

Chanto qu'estás no canizo,

bot'as castañas abaixo,

se non che teño mandil

ampárochas no refaixo.

Costureiras

Algún día algo, algo,

i-agora algo, alguiño,

xa non me queren as mozas,

porqu'estou acabadiño.

Mafia

Non te cases na montaña,

que ch'é terra moi fría,

cásate no nbaixo d'Esgos

se queres ter fantesías.