Seica se levaba a auga,
seica da auga se leva,
ar mociñas de Melón
cantan que firen a terra.
Para cantar e bailar,
miniña Dios te criou,
para rezar un rosario
outra nena che ganou.
Heiche de comprar un manto,
heiche de comprar un velo,
pero non quero que durmas
na miña cama de ferro.
Eu cantos xa sei un cento
e máis unha sepitiña
e se m'apurades moito
des
Ao carballo caill'a folla,
i-ao castiñeiro a castaña,
i-aor mociños que hai agora
caill'o coiro qu'anda a raña
Séntat'eiquí queridiña
tu nunha pedra ll'eu noutra
axudarasme a lavar
este cestiño de roupa.