Cantigas Frescas

Mafia

Piquiniña, piquiniña,

como a agulla de bordar

se naceches un pró outro

que ll'habedes d'esperar.

Mafia

Piquiniña, piquiniña,

como a agulla de coser

se nacestes un pró outro

que ll'habedes de faguer.

Mafia

As tellas do teu tellado

botan auga sin chover

i-eu ben sei onde dixeches

que non me podías ver.

Mafia

As tellas do teu tellado

botan auga sin chover

i-eu ben sei onde dixeches

que non me podías ver.

Mafia

Si queres qu'a i-auga corra

tíralle o terrón á presa

nunca fun nin quero ser

plato de segunda mesa.

Mafia

Cantai nenas, cantai nenas,

e deixai falar á xente

qu'os tempos do amor se van

non vos ha de durar sempre.