Arquivo cantigas

Costureiras

Indo de cara a Berermo

Tódolos aires me levan,

Indo de car'autro lado

Nin aires nin cousa "buena"

Costureiras

A miña burriña cando vai pró muíño

Toda enfariñada cheíña de frío,

cheíña de fríoe máis de xiada

a miña burriña xa non vale nada.

(Retrouso de xota)

Tendal

Cabalo, meu cabaliño,

eu non sei que pode ser,

cando che dou a cebada

tu pídesme de beber.

Tendal

Aghora que veu a noite,

veu a miña reghalía,

veu a tristura do amo

porque s'acabou o día.

Tendal

Aunque veño da seitura,

aunque veño da seghada,

aunque veño da seitura,

Aai, non veño nada cansada.

Tendal

Cabalo, meu cabaliño,

meu cabaliño redondo,

empeceite polo cima,

Aai, e acabeite polo fondo.