Arquivo cantigas

Costureiras

Aldeíña de Paredes

Teño quen me queira benhe

teño tíos, teño primos,

teño o meu amor tamenhe.

Costureiras

Se pasades por Paredes

pola beiriña do adro,

rézaille un Ave María

a la Virgen del Rosario.

Redondela

Mira maruxiña / mira como veño/

Cunha borracheira / que xa non me teño/

Que xa non me teño/ como m'hei de ter /

Veño da taberna / farto de beber.

Costureiras

Maruxiña dam'un bico

heiche de dar un abrazo,

non quero bicos dos homes

Que me saben ao tabaco.

Costureiras

Eu pidinllo onha nena

no porteliño do prado,

respondeum'a picarona

Qu'estaba o campo mollado.

Mafia

I-as meniñas de Nodaiga

son poucas e mal honradas,

veu unha nube da feira

deixou a todas preñadas.