O feito é que esta plataforma non ten ningunha axuda pública ou privada, e parte dunha iniciativa de 4 persoas (Tentatoura - deseño gráfico) que pensan que Galiza precisa máis "tecido" dixital, e sobre todo novos espazos onde difundir a cultura tradicional.
Como imaxinas, un proxecto deste tipo leva horas de traballo desinteresado de toda a equipa, mais tamén conleva algúns gastos que cómpre sufragar (como aloxamento e domínio web, por exemplo), e é para ese tipo de gastos que decidimos incorporar as doazóns.
Se ainda segues aquí verás que aínda non apreciamos ningún tipo de subvención de entidades públicas ou privadas.
É porque aínda non temos nada diso ou descoñecen o proxecto.
E se aínda continúas, verás que nestas mesmas liñas sería fantástico poñer un enlace como patrocinador e ser a envexa do cooperativismo e do filantropismo. Emocionámonos só de pensalo, imaxina se é real.
Te esperamos - contacto -