O deserto avanza, avanza
e as macroempresas tamén
mentres a xentiña nosa
non se pode nin manter
Tarabelas, eucalitos
e alta velocidá'
minas, asfalto e podremia
é o que eles nos van dar
Minas d'ouro ou de coltán,
de wolfram, que máis lles dá?
o que queren é facer
neghocio na escuridá'
Os políticos que temos
pensan que nò vemos vir
só queren cheira-los cartos
do seu negocio ruín
Empresas explotadoras
de mares, montes e ríos...
Quen ha de paghar o mal
que deixan aos nosos fillos?
As fridas da minaría
non son boas de levar
quen apandará co morto
que ao futuro imos deixar?
Políticos que non saben
defender o noso lar,
só venden a nosa terra,
a quen a mellor pagar
Heime de por a cantar,
baixo as aspas dun eólico,
que lle corten a cabeza
a quen de min fai espolio.
As minas a ceu aberto
de cen a cen, e cen mil
nós sen parar de chorar,
e eles a fartar-se a rir
Érghete, pobo, en pe,
contra esta sen-razón,
se pensan que calaremos
saben ben pouco de nós.
Quen souber das consecuencias
que este ecocidio ha ter,
os veciños, sen defensa;
o monte, morto outra vez.
Xa non sopra o vento en calma,
xa os xigantes van chegar,
cortando o voo aos paxaros
e bruando sen parar
Resistir, cal toxo bravo
o expolio que nos fagás
en terra de aloitadores
non poñeredes as pás
Ventos novos sopran forte
da Conla prao Cabalar
han de arrasar con todo
se os pes non lles parar