Ben me sabes

Canta laranxa madura,

canto limón polo chan,

os rapaciños de agora

van co carallo na man

Chamadita

Maripepa ten un niño

entre as tellas do tellado.

Cando chove, Maripepa,

o teu niño está mollado.