
Nena Fonte
O meu home foi de troula
e volveu cheo de fariña
O muiñeiro non é
eu non sei a quen se arrima
O meu home foi de troula
e volveu cheo de fariña
O muiñeiro non é
eu non sei a quen se arrima
Vou-vos da-la despedida
xa parece que está ben
o moito cantar enfada
e o pouco parece ben
Nosa señora da Guia
vai virada pra Covelo
non lle puiden ve-la cara
coa roda do cabelo
Asubín ao alcipreste
e beixei de nó en nóe
Ti falas con cantas queres
Eu falo contigho sóe
Xa vou da-la despedida
por riba dunha xesteira
volverei d´hoxe nun ano
se me gharda-la cacheira
A subi-la e a beixá-la
a costa de Paradela
a subi-la e a beixá-la
rompin os zapatos nela