
Lavandeiras
Esta noite fun á festa
por bailar con meu irmán
levei os zapatos novos
trouxen a sola na man
Esta noite fun á festa
por bailar con meu irmán
levei os zapatos novos
trouxen a sola na man
Aparta loureiro verde
Deixa clarear a lúa
Que estou no medio do monte
Non vexo cousa ningunha
Anque che son moreniña,
no é do polbo da eira;
xa me verás o domingo,
coma a rosa na roseira.
Do alto do Nadighón
Cabalar véseche ben
vale mais caste das Doiras
que canto Cabalar ten
Desde a Lama pra Seixido
eche todo costa arriba
todo cheo de silveiras
pra que rasque-la barrigha
Eu onde estou ben vexo
dous coenllos a brincar
tamén vexo os meus amores
e non lles podo falar