Fiada

Fan as papas na culler

Vén o ghato por detrás

Arrabuña o rapaz

Arrorró, meu neno ro.

Home do morrazo

Toca Brais, toca Brais,

ese tamboriliño

o Pascual esa gaita con brío.

Tranvia

E despois de que comamos

cantaremos con máis ghracia,

porqu' os chourizos e o viño

limpan mui ben a gharghanta.

Fiada

Arrurrú,

a tranca no cu

morreu teu pai

non morras tu.

Lola

Para Carballo vou rindo,

para Verdillo cantando,

par' a parroquia de Bértoa,

vou como a troita nadando.

Home do morrazo

Eu non sei que pode haber

que non nos deixan entrar,

ou hai broncas nesta casa,

ou non nos teñen que dar.