• Forma:
    Clasificación da cantiga segundo a forma literária
  • Función:
    Indica a sua función. exem: Desafío, Despedida
  • Temática:
    Escolle a tématica ainda que moitas poden estar en outras.
Verde Jalo

Eu non sei que pode haber

nesta casa tanto fume,

é a señora da casa

qu'está ca cazola ao lume.

Home do morrazo

Á señora desta casa

Dios nola deixe vivir,

que pró ano se Dios quer

á porta ll'habemos vir.

Tranvia

Arre burro desta porta!

qu'eiquí non se che dá cebada,

ón burro coma tu,

calquera lle pon albarda.

Tranvia

Pensas que porqu'es moi rico

que xa me tiñas na mao,

moitas serdas ten un porco

e mais non sai de marrao.

Rinran

Corta rente, corta rente,

corta por baixo da mao,

corta rente, corta rente,

mociña de San Cibrao.

Marta Verde Baqueiro

E o "casarse" con un vello

non sei que ghusto lle topan

pola noite "dice", Ai-e!

pola mañá "dice", Opa!