Info:
“Gumersindo e Carmela estiveran en Lisboa, estaban alá emigrados e de alá trouxeron eles O Vira e cando se xuntaban cantábano no Serán en Traspielas, desta historia ha de haber preto de cen anos se non máis”. A Pilar do Campo contoulle a historia súa nai, Mila, e Pilar contouma a min.
Aurora, Arcenda, Carmucha, Lola e Leonora cantáronma e Fran colleu a cámara con todo ese cariño co que Fran colle a cámara, Chucho levou o cable e os alargadores (que nos deixaron as veciñas) polas veigas.
Leni prestoume a súa pandereta, e aquí vos vai.
Gravado ó fresco dunha tardiña deste Maio en Traspielas, directo e dunha vez.
Vídeo: Fran Rodriguez Casal