Tendal Aghora que veu a noite, veu a miña reghalía, veu a tristura do amo porque s'acabou o día. Copla Seitura Outra 109 Xoves, 02 Xullo 2020 Antón Reportar cantiga Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. Rio branco, rio tinto, regatos de tantas cores, cando os ríos levan tanto que farán os meus amores? O cregho vendiu, vendiu o que non ten que vender: vendiu o rabo da burra por non lle dar de comer Cando se emborracha un pobre todos din que é un borrachón, cando se emborracha un rico "qué gracioso está el señor".
Antón