Fiada Algun dia era eu ramiño da tua man e agora son a vasoira con que ti varre-lo chan. Copla Pandeiretada / todas Amoríos 301 Mércores, 07 Marzo 2018 volaivai Reportar cantiga Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando, par' a parroquia de Bértoa, vou como a troita nadando. Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. Eu pedinlle a unha nena ela non mo quixo dar Eu pedinllo, ela deumo e non hai máis que falar Tropecei, caín na lama e logho m'alevantei sacudín o meu capote conforme estaba, quedei
volaivai