Peixeiras - Pulpeiras Catro con cinco fan nove son palabras en latín di-me con quen t’adevirtes cando saes d’onda min Copla Pandeiretada / todas Amoríos 625 Xoves, 22 Xuño 2017 Diego Reportar cantiga Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. Eu pedinlle a unha nena ela non mo quixo dar Eu pedinllo, ela deumo e non hai máis que falar Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando, par' a parroquia de Bértoa, vou como a troita nadando. Tropecei, caín na lama e logho m'alevantei sacudín o meu capote conforme estaba, quedei
Diego