Tendal Costureira polo outono Urdidoira polo vrán Pon-se-ll'a cara morena E as carnes como azafrán IA Copla Pandeiretada / todas Costureiras 17 Mércores, 01 Xuño 2022 PAMP! Reportar cantiga O cantar e o beilar non é vergoña ningunha vergoña é marmurar da vida de cada unha Eu cantos xa sei un cento e máis unha sepitiña e se m'apurades moito desátoll'a baraciña. O cinto da tua blusa xa se non usa color café non quero a tua riqueza quero a pobreza do meu Xosé Cantai nenas, cantai nenas, e deixai falar á xente, qu'os tempos do amor se van, non vos ha de durar sempre.
PAMP!