Tendal Eu sei apañar no toxo Tamén o sei encarrar Tamén sei tomar amores Tamén os sei olvidar Copla Pandeiretada / todas Labregos 428 Mércores, 09 Agosto 2017 xandreouteiro Reportar cantiga Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. O cregho vendiu, vendiu o que non ten que vender: vendiu o rabo da burra por non lle dar de comer Rio branco, rio tinto, regatos de tantas cores, cando os ríos levan tanto que farán os meus amores? Cando se emborracha un pobre todos din que é un borrachón, cando se emborracha un rico "qué gracioso está el señor".
xandreouteiro