Tranvia María das sete saias As sete lle quedan ben Debaixo das sete saias Ten a máquina do tren Copla Pandeiretada / todas Outra 93 Xoves, 18 Febreiro 2021 Manuel Perez Reportar cantiga Eu cantos xa sei un cento e máis unha sepitiña e se m'apurades moito desátoll'a baraciña. O cantar e o beilar non é vergoña ningunha vergoña é marmurar da vida de cada unha O cinto da tua blusa xa se non usa color café non quero a tua riqueza quero a pobreza do meu Xosé Cantai nenas, cantai nenas, e deixai falar á xente, qu'os tempos do amor se van, non vos ha de durar sempre.
Manuel Perez