Tranvia Marcadiña das virolas, eu por iso non te olvido, que o ceo con máis estrelas está millor guarnecido Copla Pandeiretada / todas Outra 59 Venres, 19 Febreiro 2021 Pesquedellas Reportar cantiga Púxenlle un preit'ó veciño polo rego dun outeiro, ghastar ghastei canto tiña pero amolar amoleino O raposo anda berrando na sua casiña nova que lle levan as galiñas e ten a muller de angroda Eu canto porque non sei Se soubera, non cantaba Canto por lle dar nos ollos A quen de min marmuraba Non me tires con pedriñas que estou a lavar a louza tírame con palabriñas cando túa nai non ouza
Pesquedellas