Verde Jalo Miña boca que te abres con ganiña de te abrir, é sinal de que tes fame ou ganiña de durmir. Copla Arrolo / berce Outra 94 Sábado, 16 Xaneiro 2021 volaivai Reportar cantiga Púxenlle un preit'ó veciño polo rego dun outeiro, ghastar ghastei canto tiña pero amolar amoleino O raposo anda berrando na sua casiña nova que lle levan as galiñas e ten a muller de angroda Non me tires con pedriñas que estou a lavar a louza tírame con palabriñas cando túa nai non ouza Eu canto porque non sei Se soubera, non cantaba Canto por lle dar nos ollos A quen de min marmuraba
volaivai