Carapucho Papeles son papeles cartas son cartas as palabras dos homes todas son falsas! Seguidiñas Pandeiretada / todas Amoríos 288 Martes, 01 Mai 2018 volaivai Reportar cantiga Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando, par' a parroquia de Bértoa, vou como a troita nadando. Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. Tropecei, caín na lama e logho m'alevantei sacudín o meu capote conforme estaba, quedei Eu pedinlle a unha nena ela non mo quixo dar Eu pedinllo, ela deumo e non hai máis que falar
volaivai