Festa Pensar, moito; e falar, pouco que o moito falar é vicio e o dar palabras ao vento é sementar no camiño Copla Pandeiretada / todas Outra 227 Xoves, 16 Novembro 2017 volaivai Reportar cantiga Eu pedinlle a unha nena ela non mo quixo dar Eu pedinllo, ela deumo e non hai máis que falar Tropecei, caín na lama e logho m'alevantei sacudín o meu capote conforme estaba, quedei Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado. Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando, par' a parroquia de Bértoa, vou como a troita nadando.
volaivai