Marta Verde Baqueiro Quero-te porque te quero e non sei dicir por que cando se quere por algho non é moi fondo o querer Copla Pandeiretada / todas Amoríos 190 Xoves, 13 Xullo 2017 volaivai Reportar cantiga Cantai nenas, cantai nenas, e deixai falar á xente, qu'os tempos do amor se van, non vos ha de durar sempre. Eu cantos xa sei un cento e máis unha sepitiña e se m'apurades moito desátoll'a baraciña. O cinto da tua blusa xa se non usa color café non quero a tua riqueza quero a pobreza do meu Xosé O cantar e o beilar non é vergoña ningunha vergoña é marmurar da vida de cada unha
volaivai