Xunta en Barro Se queres que o carro cante móllale o eixo no río verás como de mollado canta coma un asubío Copla Pandeiretada / todas Labregos 168 Venres, 19 Febreiro 2021 gafapastafolclorico Reportar cantiga Púxenlle un preit'ó veciño polo rego dun outeiro, ghastar ghastei canto tiña pero amolar amoleino O raposo anda berrando na sua casiña nova que lle levan as galiñas e ten a muller de angroda Eu canto porque non sei Se soubera, non cantaba Canto por lle dar nos ollos A quen de min marmuraba Non me tires con pedriñas que estou a lavar a louza tírame con palabriñas cando túa nai non ouza
gafapastafolclorico