Mafia Seica se levaba a auga, seica da auga se leva, ar mociñas de Melón cantan que firen a terra. Copla Pandeiretada / todas Outra 93 Sábado, 19 Decembro 2020 Antón Reportar cantiga Para Carballo vou rindo, para Verdillo cantando, par' a parroquia de Bértoa, vou como a troita nadando. Eu pedinlle a unha nena ela non mo quixo dar Eu pedinllo, ela deumo e non hai máis que falar Tropecei, caín na lama e logho m'alevantei sacudín o meu capote conforme estaba, quedei Segha miña fouce segha por iste panciño raro, ándoche ghañando a vida cómprem'andar con cuidado.
Antón