De Lagartóns a Vinseiro
hai moi pouco para andar,
por iso os anamorados
teñen pouco pra falar
Ó Santo Cristo da Estrada
din que non lle medra o pelo
O que lle medra é o carallo
de non ter onde metelo!
Púxenlle un preit'ó veciño
polo rego dun outeiro,
ghastar ghastei canto tiña
pero amolar amoleino
Ai adiós martes d’Antroido
adiós ti, meu amiguiño
que ata o domingo de Pascua
xa non como máis touciño
Unha vella moito vella,
máis vella qu'o Santo Antón,
botaba unha teta ao lombo
e arrastráball’o pezón
Casa co home máis feo
se queres pasalo ben
que traballan coma burros
non cho namora ninguén
Marmula, marmuladore,
fala de min máis do outro,
no inferno hai unha cama
pra que descanses un pouco
Costureiriña ben guapa
dam'ese alfiler de prata
pra quitar do corazon-e
unha espiña que me mata
Casarei contigo, vello
pero antes facemos trato
eu vou comer tod'a carne
e ti has lamber do prato
En Loureiro non se plancha
que morreo a planchadora,
os mociños de Loureiro
son os que planchan agora
Chamachesme pouca cousa
insinuando “pouco vales”
pouca cousa son as moscas
e acaban cos animales
Eu xa quería fodere
que levo o día enteiro,
botando palla e máis palla
e non son ningún palleiro
Un velliño nun curral-e
matou cun peido un polo
Se non lle acuden a tempo
mata ghaliñas e todo
Capela que non ten santa
non se lle fai oración
amores que non dan gusto
non se lles fai atención
Meniña qu'estás na cama
antr'as sábanas de liño
tes unha man na tetiña
e a outra no paxariño
Tantos que te pretenderon
se os tiveses xuntiños
habíache que facer-e
casona con vinte pisos
Imos da-la despidida
entre Ghalisia e Jamaica
imos da-la despidida
que xa non se oe a ghaita
Heiche de toca-las cunchas
miña carrapucheiriña
hasme tocar ti a gaita
naquela carballeiriña
Miña cuñadiña nova,
non bota sesta lixeira,
durme polo mes d'agosto
esperta na primavera
No tellado do concello
hai un niño de carrizo
que se caga polo alcalde
e máis pola nai que o fixo
Todos en Tui son burros
heinos de cargar de sal
Arre burro, arre burriño!
Arre para Portugal!
Que pena, miña señora
dona de Fonte Soutelo
canto mellor é un home
o carallo máis pequeno
Ai Pazo de Guimarei
estás que morres de risa
de ver-e ás rapaciñas
con peineta e sen camisa
Unha vella cagha o cravo
e outra vella ferraduras,
e quedoull'o cu rabiando
de caghar cousas tan duras
Eu pedinllo, ela doumo,
eu dela non teño queixa
ela seguro que a ten-e
do que teño eu antr'as pernas
Fostesvos ghabar ghabachas
de cousas que non fixestes,
déstesme un bico no cu
que na cara non puidestes
O paxaro cando canta
mete o rabo na silveira,
tamén o metías ti
nunha rapaza solteira
A puntiña do carallo,
a puntiña non é nada
mete-m'o carallo enteiro
iso si qu'é foliada
O paxaro carpinteiro
para traballar s'agacha
eu tamén son carpinteiro
s'estou ca miña rapaza
Hai unha moza en Couso
rañand'a cona dend'onte
mirando para os rapaces
do outro lado da ponte