O cregho vendiu, vendiu
o que non ten que vender:
vendiu o rabo da burra
por non lle dar de comer
Hei-me de casar este ano
se non me caso, rabeo
que xa fagho trinta anos
prá seghada do centeo
Quen te viu, quen te verá,
mazanciña colorada,
quen te viu, quen te verá,
non che puiden ve-la cara
Miña nai e mai-la tua
quedan no rio berrando
por culpa dunha ghaliña
que ten amores co ghalo
Unha pera, duas peras
non daba máis a pereira
unha era para o xastre
e outra para a costureira
Pos o sombreiro de lado
porque és fillo de rico,
pode-lo poñer ò d'reito
que eu de ti non necesito
Dá-me da pera que comes,
da mazán, un bocadiño,
da tua boca, unha fala
do corazón, un cariño
Para que me perghuntas
Se son de Vigho
Se a noite pasada
Durmin contigho
Anubía e anubía
e anque anubia non chove
o meu amor está malo
e anque está malo non morre
Costureiriña bonita,
dá-m'unha aghulla de prata,
para sacar esta espiña
do corazón, que me mata
As de Malpica son pescas,
as de Buño son oleiras,
as de Carballo, modistas
e en Silván son costureiras
Costureira non a quero
Tecelana xa ma dan
Teñen as pernas tolleitas
De estar a carón do chan
Catro con cinco fan nove
son palabras en latín
di-me con quen t’adevirtes
cando saes d’onda min