Estreliña do luceiro
vait'andando qu'eu xa vou
vai-me dando claridade
que a lúa xa s'acabou
A lúa para saír
a ninguén pediu licéncia
eu para cantar aquí
pídoa con reverencia
Eres unha, eres dúas
eres tres, eres cincuenta
eres unha catedral
onde todo o mundo entra
Miña nai ten tres ovellas
todas elas m'ha de dar
unha cegha e outra coxa
outra xa non pode andar
Inda che hei de botar unha
Inda che hei de botar tres
Unha capa de piollos
Que che ha de chegar ós pés
Levántate panadeiro
que te viene la mañana
a xente morre coa fame
ti dá-la volta na cama
Esta noite pola lúa
teño d'ir a Verducido
a visitar unha nena
que non me sal do sentido
Viñeches a pé de min
por sabé-lo meu en tempo
aghora quedeime rindo
do teu pouco entendimento
Chamáchesme pouca roupa
se tes moita teu porveito
teño menos que quitare
á noite quando me deito
e mai-la da claridá
vais'o día, vens'a noite
vais'a miña mocedá
E ti te-lo te-lo
non mo queres dar
e despois de vella
ha-lo de salar
Para qué me perguntas
se son de Vigo
se a noite pasada
durmín contigo
Baila que che toco eu
ou has de parti-las pernas
ou has de sanar do teu
Teño pena e alegría
teño dous males a un tempo
cando a pena me mata
a alegría dame alento
E ti dis que tes, que tes
eu vou ver e non tes nada
tiña-la casa caída
a pared'arruinada
O que non canta nin baila
que ven facer ó serán
ven ouvir catro mentiras
para contar de mañán
Para quen traballo eu?
traballo días e noites
non teño nada de meu
A miña panderetiña
ten os aros de salgueiro
tócana na miña porta
resona no Mangüeiro
Canta miña compañeira
que che teño d'axudar
de casada e de solteira
As ovellas de meu pai
teñen a glória ganada
coméronll'a erva ó cura
fun por lan, vin trasquilada
Chamáchesme trubisquiña
erva que o gando non come
vale mais ser trubisquiña
que muller de ruín home
Canta cuco, canta cuco
na rabela do arado
os homes entr'as mulleres
é-che ghando mal ghardado
Maruxiña do Portelo
ó teu pai téñolle dito
a túa nai téñolle medo
Se por cantar me pagaran
había de cantar ben
pero como non me pagan
canto mal e fago ben
Por bailar a mazurca
soio por eso
por bailar a mazurca
lévanme préso
Sei tocá-la pandeireta
tocar sei o violín
tamén sei facé-la burla
de que-na fagha de min
Da banda d'alá do rio
ten meu pai unha xesteira
que dá chorismas en maio
coma ghindas da ghindeira
Baila, que che toco eu