O cura da miña aldeia
padricando o mes pasado,
xurou polos seus tres fillos
que nunca tivo pecado
E tanto zapato, e tanta botina
De onde che sae? Do caño da orina!
E tanta botina, e tanto zapato
De onde che sae? Do mesmo burato!
Polo río arriba
vai unha raposa
leva o cu aberto,
non hai que llo cosa.
Dios llo paghe a miña nai
por facerme costureira.
Cando chove non me mollo.
Cando hai sol non me queima.
Polo mar abaixo
vai unha sartén,
se levara ovos
iba eu tamén.
Miña nai o pote ferve
e a da verdura non vén
Ela como é tan bonita
Algún enrediño ten
Durme, meu neniño, durme;
durme, meu pequerrechiño,
que teu pai vaiche traer
da ribeira un paxariño.
Costureiriña bonita
foi un palacio coser
na primeira escaleira
xa lle deron que facer
O meu neno está no berce,
os ollinos vai pechar,
canta o moucho, cae a noite,
o meu neno dorme xa.
Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir o neno,
que está no sono primeiro.
Porque canto e me adevirto
dinme que non teño pena.
Lévoia toda por dentro
coma se non a tivera.
O meu meniño é unha rosa,
heille de dar un biquiño,
porque caladiño dorme
porque dorme caladiño.
Cuidas que porque falamos
xa me colles pola mau
Nunca fun afecionada
Da fruta que cai ó chau
Durme, durme, meu neniño,
durme meu neniño neno,
que anda o gato murador
tras do ratiño Furelo.
Neste teu mantel María
Tes unha mancha de aceite
Non hai home neste mundo
Qué contigo non se deite
Miña boca que te abres
con ganiña de te abrir,
é sinal de que tes fame
ou ganiña de durmir.
Miña nai e mai-la túa
quedan no rio a berrare,
por culpa dunha galiña
que quería namorare
Ponte dereita, rapaza
Que che veñen a pedir
Eu ben dereita me poño
Pero non os vexo vir
Non sabes ben queridiña
que envexa teño ô luare,
Cando, pol-a lumieira,
N-o teu leitiño vai dare.
A cantar gañei o dote
A bailar, o casamento.
Se miña nai fora outra
xa me tiña nun convento.’
¡Quen fora recheiño ruibo
Pra cantar n-a túa figueira,
Pra non sair do teu horto,
e aniñar na tua silveira!
Mariñeiriño do mar
que no mar andas metido
Di-me, ti, dos catro ventos
cal é o máis atrevido
Has de cantar
que che hei de dar zonchons;
has de cantar,
que che ei dar moitos
*Rosalia de Castro
Non quero nada co cuco
que se marcha moi sobervio
quérome cos paxariños
que quedan aquí, no inverno
Feira Nova, Feira Nova,
feira de perde-lo tempo
onde se venden os homes
a tres ichavos o cento.
Non te quero para dama
miña cara de papele
quero-te para mullere
Carmela ten sete saias
todas elas lle están ben
debaixo das sete saias
leva a máquina do tren
Fuches falar mal de min
A xunto dos meus amores
Fai de conta que botaches
augha por riba das flores
Antes eran os teus ollos
Os que a min me daban pena
Aghora non son os Teus
Son os doutra morena
O mar anda que desanda,
anda que desaparece.
Quen ten amores non durme,
quen non os ten, adormece
Branca de nacemento
encarnada no meu viver,
solo me poño de luto
cando me eu me quero morrer
Non me toques na barrigha
que me doi que m'atormenta
un pouquiño máis abaixo
na caixa da farramenta
No ceo brila unha estrela
Naceu e non aparece
Meteuse na túa cara
Nos teus ollos respladece
E a vella de Taboadelo
respondeu á de Xustáns
teño máis callos na cona
que o ferreiro ten nas mans
Axudame compañeira
axudame aquí María
qu´eu non me podo axudare
desta miña gargantiña
Dende o alto da Curota
'tá a raposa dando berros
Que lle tiran o pelexo
Para monetes de cregos
A porca de túa nai
ten a paxara pelada
de subir polos piñeiros
e baixar escarranchada
Agora non canto máis-e,
nin canto nin cantarei-e.
Que me levan o amor,
para o servicio do rei-e.
O meu amor dito tenhe
o meu amor tenme dito
que o camiño lle convénhe
Alta vai a Lúa, madre,
alta vai qu’eu ben a vin.
Máis alta vai a fertuna
que Deus garda para min.
O raposo está chorando
no alto de Carvalliñas
que lle leven unhas zocas
que lle pican as espiñas
Canta, meniña
na veira da fonte;
canta e dareiche
boliños do pote
* Rosalia de Castro
Tu te-los olliños neghros
coma a seda de cosere
se nacemos un p'rò ioutro
que lle habemos de facere
Hei-chas de dar, Manueliño
Hei-chas de dar se as teño
Papas de millo miudo
Feitas no pote pequeno
Este pandeiro que toco
é de pelica de can
inda onte berreaba
e hoxe toca no serán
Volai-ven o teixughiño
de righeiro en righeiro
pica-ll'a mosca no rabo
non pode parar no eido
As mozas de trás do monte
din que non beben o viño
e debaixo do mantelo
levan o xerro escondido
O mozo que entra no baile
ben seria un cabaleiro
ben lle habia de quedare
un pano de seda ò cuello*
Unha boa cantadora
teño-a de par de min
Se me perghuntan por ela
Direi-lles que non a vin
Levai-no, mozas, levai-no
levai-no, que ben se leva
levai-no, mozas, levai-no
o cantar da nosa terra
Quero-te porque te quero
e non sei dicir por que
cando se quere por algho
non é moi fondo o querer
Rio branco, rio tinto,
regatos de tantas cores,
cando os ríos levan tanto
que farán os meus amores?
Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido
amar e non ser amado,
querer, e non ser querido
Silva verde, non me prendas
que non 'tou na minha terra
Nunca silva me prendiue
Que non me ceivara dela
As mulheres do Seixido
por moito que digan delas
som as que levam a palma
em debaixo das estrelas
Non te namores, meniña
co mariñeiro do mar,
arma a vela, e arma a vela
e vai cara ao seu lughar
P'ra cantar hai que ter grácia
p'ra beilar hai qu´aprender
nós qu´andamos polo mundo
todo nos cómpre saber
Se queres que io te quiera
terá ser con condeción-e.
Que o teu seia pra min-e
mai-lo meu para ti non-e.
De Liñares a Baiste
de Baiste a Rubillón
pasean os meus amores
inda que dighan que non!
Canta Lola, canta Lola
qu'eu iso non cho desprezo
Na feira todo se vende:
cada burro, no seu prezo
Gharghanta, miña gharghanta
Miña gharghanta de neve
Non vou a parte do mundo
Gharghanta, que te non leve
Teño lanchas, teño remos
Teño sardiñas no mare
Teño unha moza bonita
Non quero máis traballare
A Lisboa van os homes
a Lisboa por ghanar
Lisboa queda no eido
pra quen quere traballar
Se ti queres, e eu quero
Moza da beira do mare
Quen no-lo ha de privare
Eu queria-me casare
miña nai, non teño roupa
Casa, miña filla, casa
que unha perna tapa a outra
Eu canto porque non sei
Se soubera, non cantaba
Canto por lle dar nos ollos
A quen de min marmuraba
Veño da terra do ouro
veño da terra dourada
veño da terra dos homes
pero non veño casada
Os ollos cos que me miras
Son como as augas do mar,
Que en vez de matar-me a sede
Moita máis sede me dan
O carballo da Mirteira
ten a folla revirada
que lla revirou o aire
unha noite de xiada
Teño máis de mil amigos
aquí non me sinto só
cantarei ao desafío
ninguén teña de min dor
Onde vai que non nos vimos
máis hai que non nos falamos
xa o camiño bota erva
onde nós paseabamos
O meu amor dixo-m'onte
que me tiña de ver hoxe
por aghora inda non tarda
que ten a pousada lonxe
Que levas nesas alforxas
que tanto valor lle dás?
Levo café e azucre
da raia de Portugal
Solteiriña, non te cases
non deixe-la boa vida
que eu ben sei dunha casada
que chora d'arrepentida
Que levas en esa saia
Levo garvanzos e fabas
para ir estraperlar
Miña nai e mai-la tua
van xuntas à romaria
a miña viña borracha
a tua xa non se tiña
Unha vella dixo a outra
polo furado da porta
ti ghoberna a tua vida
que a miña nada che importa
Pensar, moito; e falar, pouco
que o moito falar é vicio
e o dar palabras ao vento
é sementar no camiño
Joseíño, Joseiote
Cando afeite-la barba
Afeitará-lo bighote
Piñeiro dá-m'unha piña
que eu che darei un piñón
Moreno, dá-m'unha aperta
da raíz do corazón
Ven-te conmigho, laranxa
Deixa quedar o limónhe
Durmirás na miña cama
Perto do meu corazónhe.
Hoxe é luns, mañán é martes
cuarta-feira logho vén...
Domingo tarda-me un ano,
p'ra ver a quen quero ben
Sei cantar e sei beilare
sei tocá-la pandeireta.
Tamén sei face-la burla
de quen me fai a puñeta
O raposo está berrando
no alto de Camariñas
que lle levan os zapatos,
e lle pican as espiñas
Hei-te de mandar á merda
Hei-te de mandar, has d'ir
Cun fol debaixo do brazo
Coma quen ven de pedir
Hei-te de mandar calar
Á merda t'hei de mandar
Se chove, deixa chover
Si orballa, deixa orballar
Que por mais que chova e chova
de ti non m’hei d’apartar
Un adeus eu non cho digo
que é palabra moi triste
entre dous que ben se queren
custa moito despedirse
Aleghria, aleghria.
Eu ben sei onde a haie,
indo polo rio arriba
no muíño de meu pai.
Cando canto unha cantigha
Todos miran para min
Fato de bocas abertas
Na miña vida tal vin
Un gato e un empresario
Caíron xuntos nun pozo
E como os dous tiñan unllas
Rabuñárons'o pescozo
Miñas ventanas son d'ouro
e as tuas son de prata
Se o teu corazón non chora
o meu tampouco se mata
Papeles son papeles
cartas son cartas
as palabras dos homes
todas son falsas!
Arriba, pandeiro roto!
abaixo, manta mollada!
Onde estean as mulleres
Os homes non valen nada
Algun dia era eu
ramiño da tua man
e agora son a vasoira
con que ti varre-lo chan.
As tellas do teu tellado
botan augha sen chover
as pulghas da tua cama
a min non m'han de morder
Vente, ventiño do Norte
vente, ventiño mareiro
serás o meu compañeiro
Onde che vai aquel pano
todo cheio de pintiñas
dime con quen repartiches
o cariño que me tiñas
E a que non canta nin baila
a que vén á polavila?
Vén mirar o que se pasa
p'ra contar en doutro día
Marmurai, marmuradeiras
Tisoiras de recortar
A miña saia é redonda
Non ten máis que arredondar
Agora non canto máis
que vou dá-la despedida
despedida coma ela
non a dei na miña vida
Adeus á miña casiña
portelo do meu quinteiro
auga da miña fontiña
sombra do meu laranxeiro
Aí vén o vento do mare
aí vén o vento mareiro
aí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro
Baila, que podes bailar,
que mellores tocadoras
n'as puideches ir buscar